Volver

Galicia Sep 13, 2018

ANPE esixe unha reunión urxente da comisión de seguimento na Consellería


AS - ANPE esixe unha reunión urxente da comisión de seguimento na Consellería ante as múltiples irregularidades na adxudicación definitiva de vacantes que non se corresponden cos perfís reais das prazas  dos centros educativos tanto en primaria coma en secundaria.

Ano tras ano os docentes galegos se encontran con este problema e a admistración educativa lonxe de revertir esta situación, a agrava ainda mais co conseguinte perxuicio non so para o profesorado senon tamén para o alumnado e, en definitiva para o ensino público.

ANPE como sindicato independente do ENSINO PÚBLICO fará todo o que esté na súa man para forzar á Consellería a dar unha solución urxente  e non inhibirse da súa RESPONSABILIDADE.

 


#Acción sindical #Defensor del profesor

Volver